Curso de educación en neurociencia e abordaxe psicolóxica en dor crónica (2ª edición)
A sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a segunda edición do curso de educación en neurociencia e abordaxe psicolóxica en dor crónica, debido a gran a acollida que tivo na súa primeira edición.
Celebrarase o sábado 25 de outubro, en modaldiade presencial no salón de actos do COPG e, en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle e Zoom.