AVISO importante: Contas de correo electrónico de dominio do Consejo General de la Psicología

25/11/2022

Desde o Consejo General de la Psicología informan de que, en breve, todas as contas dos dominios @cop.es que o Consejo General de la Psicología ofrece para os colexiados e colexiadas recibirán un correo electrónico coas instrucións para ler e aceptar as condicións de servizo e normas de uso.

Este procedemento é obrigatorio para todas as contas, debido ás normativas en proteccións de datos, tal e como establece o artigo 28.3 do Regulamento Xeral de Protección de Datos, polo que se debe regular o servizo das contas de correo electrónico @cop.es que ofrece o Consejo General de la Psicología.

Aquelas contas que non o realicen serán eliminadas dos seus sistemas. Se non se aceptan as condicións de servizo, as contas serán desactivadas ao mes de recibir o aviso e completamente eliminadas dos servidores do Consejo General de la Psicología aos 90 días sen opción de recuperación.

O correo electrónico que recibirán levará como asunto "IMPORTANTE RGPD.Regulación Servicio Correo XXXX@cop.es" e será remitido desde a conta secop@cop.es.

Módelo de correo que se recibirá por parte do Consejo General de la Psicología