Información sobre os dispositivos de atención psicolóxica do COPG e do Consejo General de la Psicología

Primeiramente, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desexamos trasladar todo o noso afecto e solidariedade coas persoas que perderon algún ser querido nesta emerxencia sanitaria, ou que teñen a persoas próximas enfermas, e tamén a todas aquelas que por diversos motivos, se atopan en situación de soidade neste momento.

3/4/2020

Recomendacións do Consejo General de la Psicología para o exercicio profesional da psicoloxía ante a situación creada polo COVID-19

Desde o Consejo General de la Psicología elaboraron un documento con recomendacións para o exercicio profesional da psicoloxía ante a situación creada pola alerta sanitaria do COVID-19.

Acceder ao pdf

18/3/2020

Recomendacións do colexio para o exercicio da Psicoloxía durante a emerxencia sanitaria do coronavirus

Están a ser días complicados para toda a sociedade e entendemos que para ti tamén. Primeiro de todo, gustaríame trasladarche todo o meu afecto e apoio, para poder afrontar as complicadas semanas que temos por diante. A situación é extrema e inédita, ademais, moi cambiante, polo que estamos traballando intensamente para proporcionarche a mellor información, contrastada e verificada, no relativo ao exercicio profesional.
 
15/3/2020

Páxinas