Galería
Os pasados 26 e 27 de xaneiro de 2018 levouse a cabo o Seminario: Repensando as intervencións 2017 dirixida aos membros do GIPCE. Esta formación celebrouse en horario de 17:00 a 21:00 horas e o día 27 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.
O pasado 23 de xaneiro de 2018 ás 19.30 horas inaugurouse na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a exposición "PUNTADAS ANÓNIMAS" da artista e psicóloga Encarna Álvarez Gallego.
Nela pódese contemplar varias obras que destacan pola utilización de mestura de pinturas e texturas.
A Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG organizou os días 19 e 20 de xaneiro de 2018 o curso “Introdución á avaliación e intervención neuropsicolóxica en persoas adultas con trastorno do desenvolvemento intelectual”.
O pasado día 12 de decembro celebrouse a entrega de premios do X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Nesta edición as persoas premiadas foron:
Categoría de narrativa:
Gañador:
O pasado 12 de decembro celebrouse á xuntanza da ASEMBLEA XERAL DE COLEXIADOS E COLEXIADAS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), a través da Comisión Intersectorial de Xénero, entregou o pasado día 12 de decembro de 2017, o premio do concurso de cartaces "Pola Igualdade". O premiado foi un alumno do CPI Camiño de Santiago, Daniel Lutsenko.
Os días 24 e 25 de novembro tivo lugar en Santiago de Compostela as IX Xornadas Estatais de Psicoloxía contra a Violencia de Xénero “Abrindo o foco: a violencia de xénero un problema con rostros”.
A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG organizou unha “Sesión Informativa da Sección de Psicoloxía da Intervención Social” o sábado 18 de novembro de 2017.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »