O pasado 13 de decembro de 2016, celebrouse no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas.
Galería
O Grupo de Traballo de Saúde e Benestar Ocupacional da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Foro "Intervencións psicosociais na prevención de riscos laborais: da teoría a práctica", que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o pasado día 22 de outubro de 2016.
Os días 25 e 26 de novembro de 2016 celebrouse en Santiago de Compostela as IV Xornadas Nacionais de Psicoloxía do Deporte , organizadas polo Consejo General de la Psicología e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
O Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou Obradoiro "A avaliación pericial psicolóxica en supostos de violencia contra a muller nas relacións de parella: ámbito penal", que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o pasado día 29 de outubro de 2016.
A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Sociedade Galega de Neuropsicoloxía, organizaron o curso Rehabilitación Neuropsicolóxica co Programa Rehacop, que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o pasado día 5 de novembro de 2016.
A Sección de Psicoloxía da Intervención Social organizou a "Xornada: Saúde emocional para profesionais da psicoloxía da intervención social", que tivo lugar no Hotel Hesperia Peregrino en Santiago de Compostela, o pasado día 5 de novembro de 2016.
A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Obradoiro para profesionais da psicoloxía habilitados para a realización de probas de avaliación psicolóxica a mergulladores profesionais, que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o día 11 de novembro de 2016.
O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou a Xornada "Intervención psicolóxica no accidente aéreo de Germanwings", que se celebrou o pasado sábado 12 de novembro e tivo lugar na aula 10 da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, celebrou o pasado 8 de outubro unha sesión sobre espazos de intervención no contexto laboral e organizacional. Os relatores e relatoras abordaron retos e liñas de traballo en áreas vinculadas á xestión e políticas de Recursos Humanos.
A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o Obradoiro: Intervención no acoso escolar, na aula 10 da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, o pasado día 1 de outubro de 2016.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »