Curso “Técnica de visualización aplicada á mellora do rendemento”
A Comisión Intersectorial de Psicoloxía do Deporte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Técnica de visualización aplicada á mellora do rendemento”, que se celebrará o día 31 de maio de 2025 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.