Convocatoria PIR 2021

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, informamos que o 11 de setembro de 2021 saiu a Convocatoria de probas selectivas 2021 para o acceso en 2022 a prazas de formación especializada para Psicólogos/as Clínicos/as.

Prazas ofertadas: 204 prazas para a Especialidade de Psicoloxía Clínica

As solicitudes pódense presentar dende o 13 de setembro de 2021 ata o 27 de setembro de 2021 ás 14:00h.  

14/9/2021

Día Internacional de Prevención do Suicidio

Coincidindo co Día Internacional de Prevención do Suicidio, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia insistimos na necesidade de pór en marcha estratexias eficaces que reduzan o número de mortes por suicidio na nosa Comunidade, na que en 2020 un total de 307 persoas faleceron por esta causa, segundo a Memoria do Imelga.
 
Isto é unha taxa de 13 por 100 mil habitantes, moi superior á española, só por debaixo de Asturias. 
 
10/9/2021

Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2017, a Xunta Directiva, na súa reunión de 12 de maio de 2021, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA E SAÚDE DO COPG. 

11/8/2021

Curso “Aproximación á discapacidade intelectual ou do desenvolvemento”

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso Aproximación á discapacidade intelectual ou do desenvolvemento”, que se celebrará os días 15 e 16 de outubro de 2021 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e Zoom. As credenciais de acceso serán enviadas xunto coa confirmación de admisión á formación.   

11/8/2021

Convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2021-2022

No BOE do 2 de agosto de 2021 vén publicada a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2021-2022. O prazo de presentación de solicitudes rematao 30 de setembro de 2021.

BOE [ver pdf]

Resolución da convocatoria [ver pdf]

9/8/2021

Páxinas

Subscribe to