Webinar (seminario online) "O teletraballo en tempos de COVID-19: implantación e xestión"

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG, en colaboración coa Confederación de Empresarios de A Coruña, organiza o webinar (seminario online) "O teletraballo en tempos de COVID-19: implantación e xestión".

Celebrarase o vindeiro martes 9 de xuño en horario de 18:00 a 19:30 horas e estará aberto a todas as persoas interesadas.

O prazo de inscrición remata o 5 de xuño.

22/5/2020

Retómase o procedemento do PIR

Retómase o procedemento do PIR. A continuación podes acceder á información correspondente:

- Resolución de 7 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación Profesional, pola que se retoma o procedemento previsto na Orde SCB/925/2019, de 30 de agosto, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2019 para o acceso no ano 2020, a prazas de formación sanitaria especializada para as titulacións universitarias de grado/licenciatura/diplomatura de Medicina, Farmacia, Enfermería e ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

14/5/2020

Actualización de normativa e outras informacións para o exercicio profesional da psicoloxía

Xa tes á túa disposición a actualización da información para a práctica profesional actualizado coa publicación da Orde SND/399/2020, do 9 de maio, do Ministerio de Sanidade, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da Fase 1 do Plan de transición cara a unha nova normalidade.

10/5/2020

Día Mundial da Saúde Mental Materna

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través do Consejo General de la Psicología, únese á campaña internacional para declarar o primeiro mércores do mes de maio como “Día Mundial da Saúde Mental Materna”. Iniciativa que parte de numerosas organización de países como Alemaña, Austria, Australia, Arxentina, Canadá, Estados Unidos, Francia, Malta, Nova Zelanda, Nixeria, Reino Unido, Sudáfrica, Turquía e España, entre outros.

6/5/2020

Páxinas

Subscribe to