I Simposium Pericial de Unión Profesional de Galicia
Unión Profesional, do que o COPG forma parte, celebrará o vindeiro 14 de marzo o I Simpósium Pericial de Unión Profesional de Galicia "O informe pericial profesional como elemento clave na Administración de Xustiza".
O Simpósium está aberto a todas as colexiadas e colexiados dos Colexios Profesionais socios de Unión Profesional de Galicia. A inscrición será gratuíta para as colexiadas e colexiados pertencentes a Colexios socios de Unión Profesional de Galicia.

