Convocatoria PIR 2023

Informamos que o día 24 de agosto de 2023 foi publicada no BOE a convocatoria de probas selectivas 2023 para o acceso en 2024 a prazas de formación especializada para Psicólogas/os Clínicas/os. O número de prazas ofertadas é de 247.

 O prazo de presentación de solicitudes é desde o 1 de setembro de 2023 ata o 15 de setembro de 2023 ás 17:00:00h.

 Convocatoria: BOE Núm. 202 do 24 de agosto de 2023 [accede ao enlace]

24/8/2023

Curso “Transformando relacións e construíndo comunidades: introdución ás prácticas restaurativas e círculos restaurativos”

A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Transformando relacións e construíndo comunidades: introdución ás prácticas restaurativas e círculos restaurativos”, que se celebrará o día 14 de de outubro de 2023 na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela. 

10/8/2023

Curso “Detección e actuación integral sobre a violencia sexual contra a infancia e a adolescencia”

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa Fundación Marxes e Vínculos organizan o curso “Detección e actuación integral sobre a violencia sexual contra a infancia e a adolescencia”, que se celebrará os días 29 e 30 de setembro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

26/7/2023

Servizo PIN 24 horas

A continuación deixamos información sobre o servizo PIN 24 horas (PIN24H) que ofrece o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a identificación na sede electrónico do COPG para as persoas que non dispoñen de certificado dixital e así poder realizar calquera trámite de xeito telemático na mesma con total seguridade.

Máis información

22/7/2021

Páxinas

Subscribe to