Galería

O sábado 13 de decembro tiveron lugar as Xornadas "Avaliación e defensa da base psicopatolóxica da imputabilidade". Impartidas polo doutor en psicoloxía e médico especialista en medicina legal-forense en Madrid, Enrique Esbec Rodríguez, o seu obxectivo foi dar a coñecer aos asistentes a relación entre os trastornos mentais e a delincuencia, especialmente violenta.

  • Asistentes á Xornadas xunto con Enrique Esbec (de pé á dereita)
  • Momento das xornadas
  • Enrique Esbec Rodríguez

A Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG celebrou o 20 de setembro de 2014 un curso de formación interna dirixido ás socias e sociios da Sección. Baixo o título "Avaliación forense da garda e custodia.

  • Momento do curso
  • Asistentes ao curso
  • Momento do curso

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o 3 de maio e o 7 de abril na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o obradoiro “Intervención con mozos/as delincuentes” .

  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro

O 8 de marzo de 2014 celebrouse na Sala de Xuntas da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o II Obradoiro “Elaboración de informes periciais e asistencia á vista”, organizado pola Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro

O 14 de decembro de 2013 tivo lugar a Conferencia “O papel da/o Psicóloga/o desde a perspectiva do xulgador: Actuación previa e no acto de xuízo” na sede do COPG. Foi coordinada por María Dolores Seijo Martínez, Presidenta da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio e impartida por Emilio Fernández de Mata, Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

  • Emilio Fernández Mata e María Dolores Seijo Martínez
  • Momento da conferencia
  • Asistentes á conferencia

Páxinas