O 30 de maio de 2015 celebrouse no Hostal dos Reis Católicos a sétima edición do Achegas da Psicoloxía, no marco do cal fixemos a entrega do Premio Dolores Llópiz, Psicoloxía e Sociedade.
Galería
O pasado 23 de maio o Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou a Sesión formativa “Avaliación neuropsicolóxica de persoas maiores no contexto do tráfico. Probas de cribado”.
O 22 e 23 de maio celebrouse en Santiago de Compostela o Curso "Apego e Psicoterapia" organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG. O curso foi impartido por Elena Rodríguez Borrajo, directora do Gabinete de Psicoloxía Alén, a cal falou dos trastornos do apego na infancia e na idade adulta, así como da súa abordaxe psicoterapéutica.
O venres 15 de maio o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolleu a presentación-faladoiro "Protocolos Magallanes de avaliación de baixo rendemento e/ou fracaso escolar en Educación Primaria e Secundaria". Foi organizada pola Sección de Psicoloxía Educativa do COPG e coa colaboración do Grupo Albor-Cohs.
A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, asinaron o 12 de maio o convenio para a atención psicolóxica especializada en violencia de xénero.
Os días 24 e 25 de abril e 8 e 9 de maio, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Curso de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias en Santiago de Compostela.
O sábado 13 de decembro tiveron lugar as Xornadas "Avaliación e defensa da base psicopatolóxica da imputabilidade". Impartidas polo doutor en psicoloxía e médico especialista en medicina legal-forense en Madrid, Enrique Esbec Rodríguez, o seu obxectivo foi dar a coñecer aos asistentes a relación entre os trastornos mentais e a delincuencia, especialmente violenta.
O 2 de decembro na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia tivo lugar a entrega de premios do VII Concurso Literario do COPG "Rosa de Cen Follas".
O 7 de novembro levouse a cabo na sede do COPG o Obradoiro "Intervencíon en situacións críticas no contexto educativo". Coordinado por Concepción López Martín, foi impartido por Julita Mª Touriño Araújo e Leonor Galiana Caballero, todas elas psicólogas membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG.
O 18 de outubro celebrouse na sede colexial unha xornada técnica sobre "O erro humano nas organizacións", coordinada por Carlos Montes Piñeiro, vogal da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- seguinte ›
- última »