AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Galería

O Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou Obradoiro "A avaliación pericial psicolóxica en supostos de violencia contra a muller nas relacións de parella: ámbito penal", que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o pasado día 29 de outubro de 2016.

  • Momento do obradoiro
  • Asistentes ao obradoiro
  • Momento do obradoiro

A Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG, celebrou o pasado 2 de abril de 2016, o Obradoiro "A entrevista de avaliación forense".

Foi impartido por Jordi Bajet i Royo, psicólogo forense do COP de Catalunya, con práctica privada.

  • Asistentes ao obradoiro
  • Asistentes ao obradoiro
  • Momento do obradoiro

A Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG, celebrou o pasado sábado día 13 de febreiro de 2016, o Obradoiro "Práctica psicolóxica forense: Avaliación pericial e valoración da perigosidade no ámbito penal".

Foi impartido por Rocío Gómez Hermoso, Psicóloga Forense do Tribunal Penal Internacional da Hava. Traballa como psicóloga forense dos Xulgados de Vixilancia Penitenciaria de Madrid.

  • Momento do obradoiro
  • Asistentes ao obradoiro
  • Momento do obradoiro

O 16 de xaneiro, a Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG celebrou a IV Edición do Obradoiro “Elaboración de informes periciais e asistencia á vista”.

  • Momento da intervención de Carmen González Pais
  • Momento da intervención de Carmen González Pais
  • Asistentes ao Obradoiro

O sábado 13 de decembro tiveron lugar as Xornadas "Avaliación e defensa da base psicopatolóxica da imputabilidade". Impartidas polo doutor en psicoloxía e médico especialista en medicina legal-forense en Madrid, Enrique Esbec Rodríguez, o seu obxectivo foi dar a coñecer aos asistentes a relación entre os trastornos mentais e a delincuencia, especialmente violenta.

  • Asistentes á Xornadas xunto con Enrique Esbec (de pé á dereita)
  • Momento das xornadas
  • Enrique Esbec Rodríguez

A Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG celebrou o 20 de setembro de 2014 un curso de formación interna dirixido ás socias e sociios da Sección. Baixo o título "Avaliación forense da garda e custodia.

  • Momento do curso
  • Asistentes ao curso
  • Momento do curso

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o 3 de maio e o 7 de abril na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o obradoiro “Intervención con mozos/as delincuentes” .

  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro

O 8 de marzo de 2014 celebrouse na Sala de Xuntas da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o II Obradoiro “Elaboración de informes periciais e asistencia á vista”, organizado pola Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro

O 14 de decembro de 2013 tivo lugar a Conferencia “O papel da/o Psicóloga/o desde a perspectiva do xulgador: Actuación previa e no acto de xuízo” na sede do COPG. Foi coordinada por María Dolores Seijo Martínez, Presidenta da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio e impartida por Emilio Fernández de Mata, Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

  • Emilio Fernández Mata e María Dolores Seijo Martínez
  • Momento da conferencia
  • Asistentes á conferencia