Fallo da XIII Edición da Beca Siota de investigación en Psicoloxía

O Comité Seleccionador da XIII Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía, na súa reunión do 4 de maio de 2023, e unha vez valorados os proxectos presentados, acordou outorgar a beca ao proxecto " Prevención, avaliación e tratamento dos delincuentes sexuais. Un estudo piloto en Galicia para o intercambio de boas prácticas e o desenvolvemento de innovacións na Unión Europea", presentado por María Patricia Navas Sánchez, colexiada G-6777.

9/5/2023

Manifesto do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia no Día Internacional contra o Acoso Escolar

“NON CONTES CONTOS, CONTA O ACOSO”

Con motivo da celebración do Día Internacional contra o Acoso Escolar o 2 de maio o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desexa transmitir a través do lema “Non contes contos, conta o acoso”, a importancia de visibilizar o problema do acoso escolar nos centros educativos e de emprender medidas concretas para erradicalo.

2/5/2023

Dedución das cotas colexiais para na declaración da renda

Podes deducir as cotas colexiais abonadas ao COPG durante o ano 2022 na declaración da renda, xa que segundo a normativa as e os contribuíntes poden deducirse na declaración as cotas que pagaron ao seu colexio profesional, se a colexiación é obrigatoria para o exercicio da profesión e co límite de 500€ anuais.

As cantidades contribuídas a estes fins deberán introducirse na cela 015 da declaración como parte do apartado “rendementos do traballo”.

30/3/2023

Servizo PIN 24 horas

A continuación deixamos información sobre o servizo PIN 24 horas (PIN24H) que ofrece o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a identificación na sede electrónico do COPG para as persoas que non dispoñen de certificado dixital e así poder realizar calquera trámite de xeito telemático na mesma con total seguridade.

Máis información

22/7/2021

Páxinas

Subscribe to