O Máster en Psicoxerontoloxía da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela xunto co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizan o III Encontro Virtual de Psicoxerontoloxía, que se celebrará o 28 de marzo de 2023 en horario de 16:30 a 18:30 horas a través da plataforma Zoom.
Neste encontro abordarase o tema sobre innovación en xerontoloxía cos psicoxerontólogos Feliciano Villar, Catedrático de Psicoloxía do Desenvolvemento e Coordinador do Máster na Universitat de Barcelona, e Luis Barros, CEO de Atendo
Tes máis información no programa que figura máis abaixo.
Se é o deu interese, inscríbete de xeito gratuíto enviando un correo electrónico cos teus datos a senior.innovation@usc.es
A data límite de inscrición é o 23 de marzo de 2023.