Información sobre a atención da asesoría xurídica
Informamos de que o vindeiro martes 15 de abril de 2025 non haberá servizo de asesoría xurídica.
Se tes algunha consulta urxente, podes enviala por correo electrónico a a.xuridica@protextdat.com.
Informamos de que o vindeiro martes 15 de abril de 2025 non haberá servizo de asesoría xurídica.
Se tes algunha consulta urxente, podes enviala por correo electrónico a a.xuridica@protextdat.com.
A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Violencia Vicaria: A violencia de xénero máis perversa e cruel contra as nais”, que se celebrará o 23 e 24 de maio a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O curso ten como obxectivos adquirir coñecementos para a detección e abordaxe acerca da área de coñecemento tratada, fomentando a interacción e a aprendizaxe práctica das persoas participantes.
A Comisión de Cultura e Sociedade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convoca o XVII Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia "Rosa de Cen Follas".
Podes consultar as bases no seguinte enlace.
O prazo de admisión remata o 31 de maio de 2025.
A Comisión Electoral do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, na súa reunión do 9 de abril de 2025, unha vez examinada a documentación presentada para concorrer ás eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia,
ACORDA
1.- Proclamar provisionalmente como válida a candidatura presentada e que se relaciona de seguido, dado que reúne todos os requisitos esixidos:
A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a Xornada “A ansiedade no eido educativo”, que se celebrará o día 10 de maio de 2025 no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
A Xornada ten como obxectivos coñecer como se manifesta a ansiedade nos contextos educativos e pautas para abordala e conseguir desenvolver intervencións exitosas sobre ela.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acordou conceder o Premio Dolores Llópiz – Psicoloxía e Sociedade 2025 ao pianista James Rhodes, en recoñecemento á súa contribución na sensibilización sobre os problemas de saúde mental e na defensa dos dereitos da infancia.
A próxima sesión do Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde, celebrarase online o día 22 de abril de 2025 de 9:30 a 11:30 horas.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) segue apostando por ofrecer ferramentas innovadoras aos seus colexiados e colexiadas. Neste compromiso coa dixitalización e a optimización do exercicio profesional das/os profesionais da psicoloxía, o COPG asinou un acordo con Eholo, unha plataforma deseñada especificamente para psicólogos/as, que simplifica a xestión de consultas e o seguimento de pacientes.
Unha solución dixital para optimizar a consulta
O 9 de xullo de 2024, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) e o Banco Sabadell asinaron un importante acordo de colaboración.
Este convenio entre o COPG e Sabadell Professional/Banco Sabadell permitirá á entidade bancaria facilitar o acceso a unha ampla gama de produtos e servizos financeiros. A través deste acordo, tanto os colexiados como os seus familiares de primeiro grao poderán beneficiarse destas vantaxes exclusivas.