Novas

Día Internacional das Persoas Maiores “Por Unha Atención Integral Digna. Pregunta aos teus Maiores”

Baixo o lema “Por unha atención integral digna. Pregunta aos teus maiores” desde o Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento queremos aproveitar o Día Internacional das Persoas de Idade para poñer de relevo a importancia de que as persoas maiores reciban unha atención integral digna. É por iso polo que, ademais de que se vexan cubertas as súas necesidades básicas, é preciso que haxa unha promoción cara a un envellecemento activo e saudable, tendo en conta o proxecto de vida de cada persoa, para o que é necesario preguntarlles e que, con iso, se sintan escoitados.

1/10/2018

Curso "Xestión de conflitos na comunidade"

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración do Concello de Santiago de Compostela a través da Concellaría da Área de Política Social, Diversidade e Saúde, organiza o vindeiro sábado 14 de outubro de 2017 o curso "Xestión de conflitos na comunidade” que se celebrará no Salón de Actos do COPG (Rúa Espiñeira, 10 – baixo  |  15706 Santiago de Compostela).

5/10/2017

Todos, todas somos diversos. Todas, todos, somos funcionais

Estamos rodeados de xente diversa. Estamos rodeados de xente diversa funcionalmente. Todos, todas, somos diversos funcionalmente. En tempos díxose que había xente deficiente. Logo foi xente que tiña menos capacidades e por fin xente que tiña menos valor que a xente normal. Ata que nos demos conta de que as persoas son normais e que non hai persoas máis normais ca outras. Todos, todas, nun momento da vida, necesitamos, necesitaremos, apoio.

3/12/2016