AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Novas

Premio da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG

11/10/2018

Ampliación ata o vindeiro 5 de novembro de 2018 para presentación de traballos.

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acordou convocar o “Premio da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG” con un recoñecemento para os/as psicólogos/as colexiados/as que desenvolvan o seu traballo no ámbito da psicoloxía xurídica.

Concurso artístico "Pola Igualdade" 2018

10/10/2018

A Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten como función principal contribuir á corrección da discriminación que sofren as mulleres, propoñendo unha serie de actuacións concretas que camiñen cara a igualdade real.

Listaxe de psicólogas e psicólogos para un servizo de quenda de garda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero en Galicia

9/10/2018

A Xunta de Galicia está a tramitar un convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a posta en marcha dun servizo de quenda de garda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero en Galicia.                               

Desde o COPG abrimos un prazo para elaborar a listaxe para o seu funcionamento. 

De acordo co convenio, os criterios para formar parte son: 

Edición Trixésimo Séptima do FOCAD

3/10/2018

O FOCAD é unha formación a distancia elaborada polo Consejo General de la Psicología e a cal poden acceder todos os colexiados e colexiadas de maneira gratuíta.

Horario de atención ao público

28/9/2018

Informamos que a partir do vindeiro luns día 1 de outubro o horario de atención ao público do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e nos meses de inverno será:

Do 1 de outubro ao 31 de maio:

De luns a xoves horario ininterrumpido de 9.00 horas a 20.00 horas 
Venres de 9.00 horas a 15.00 horas

Obradoiro Orientación Profesional con Perspectiva de Xénero

21/9/2018

O vindeiro 20 de outubro, na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar o Obradoiro “Orientación profesional con perspectiva de xénero”. A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, organizadora da actividade, invita ás persoas colexiadas interesadas a reflexionar sobre os motivos polos cales á orientación profesional, se lle debe aplicar unha perspectiva de xénero que reduza os efectos da desigualdade que sofren as mulleres. 

Curso de Intervención en Trauma. Módulo II

19/9/2018

Os días 26 e 27 de outubro celebrarase o Curso de Intervención en Trauma. Módulo II organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. O lugar de celebración é a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

O prazo de inscrición remata o 19 de outubro.

O Colexio de Psicoloxía de Galicia denuncia as restricións para o acceso ás becas para alumnado con necesidades educativas específicas

12/9/2018

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa oposición á actual convocatoria de axudas do Ministerio de Educación para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, xa que debe permitir o seu acceso a a alumnado cos trastornos e déficits que os equipos de orientación e valoración dependentes da Xunta de Galicia así o consideren e non restrinxir o seu acceso a cada convocatoria, como vén pasando desde hai anos. 

Páxinas

Subscribe to Novas