O pasado 12 de xuño a Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou na sede do COPG a Xornada “A atención temperá en Galicia. Situación actual”. Foi impartida por José Carlos Cardama Barrientos, Psicólogo e Director do Gabinete ARCA en Vigo, Especialista en Atención temperá e estimulación precoz e Premio Reina Sofía de Integración e Rehabilitación.
Galería
O 7 de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela a sesión formativa do Grupo de Tráfico e Seguridade "Directrices para a formación inicial en psicoloxía do tráfico e da seguridade" cunha duración de catro horas.
A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o 3 de maio e o 7 de abril na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o obradoiro “Intervención con mozos/as delincuentes” .
Os días 6 e 7 de xuño celebrouse no Hospital Clínica Universitario de Santiago de Compostela o Curso “A primeira entrevista en Psicoloxía Clínica organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
O 23 e 24 de maio o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do COPG organizou o curso “Intervención con intervenientes” na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, asinaron o 28 de abril, na sede colexial, un convenio para a atención psicolóxica especializada en violencia de xénero.
O 23 de abril celebrouse na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia unha presentación EMDR.
O 29 de marzo celebramos un ano máis o encontro “Achegas da Psicoloxía”, dirixido a todos os colexiados e colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Neste acto fíxose entrega do Premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2014”, galardón creado para distinguir á persoa, institución ou asociación que teña contribuído ao desenvolvemento da nosa profesión.
Os días 21 e 22 de marzo de 2014 celebrouse na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o Obradoiro “Programa de convivencia para a prevención da violencia escolar e o bullying. Programa TEI”. Foi impartido por Andrés González Bellido, Presidente da Sección de Psicoloxía da Educación do COP Catalunya.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »