Galería

O Grupo de Traballo de Saúde e Benestar Ocupacional da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Foro "Intervencións psicosociais na prevención de riscos laborais: da teoría a práctica", que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o pasado día 22 de outubro de 2016.

  • Intervención no Foro
  • Intervención no Foro
  • Intervención no Foro

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou a Xornada "Intervención psicolóxica no accidente aéreo de Germanwings", que se celebrou o pasado sábado 12 de novembro e tivo lugar na aula 10 da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

  • Momento da xornada
  • Asistentes á xornada

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, celebrou o pasado 8 de outubro unha sesión sobre espazos de intervención no contexto laboral e organizacional. Os relatores e relatoras abordaron retos e liñas de traballo en áreas vinculadas á xestión e políticas de Recursos Humanos. 

  • Momento da sesión
  • Momento da sesión
  • Relatores

A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o Obradoiro: Intervención no acoso escolar, na aula 10 da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, o pasado día 1 de outubro de 2016.

  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Curso: Que facer para montar unha consulta de psicoloxía, que tivo lugar no salón de actos do Colexio o pasado sábado 1 de outubro de 2016.

Foi impartido pola psicóloga especialista en psicoloxía clínica, Cristina Veira Ramos.

  • Relatora do curso
  • Momento do curso
  • Asistentes ao curso

O Grupo de Traballo de Psicoloxía Clínica en Atención Primaria da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, celebrou o pasado 21 de setembro de 2016, a Xornada de Traballo sobre a Psicoloxía na Atención Primaria, que tivo lugar no salón de actos do Colexio.

 

  • Momento da xornada
  • Momento da xornada
  • Asistentes á xornada

Os días 2, 3 e 4 de xuño celebrouse no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela o III Congreso Profesional de Psicoloxía de Galicia "Camiños da Psicoloxía". Unha oportunidade dun Congreso histórico para o que se deseñou un intenso programa científico co que se percorreron os diferentes roteiros que ofrece a psicoloxía e afondou nos retos e oportunidades da profesión.

  • III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia "Camiños da Psicoloxía"
  • Obradoiro 1 "Avaliación da credibilidade da testemuña"
  • Obradoiro 2 "As competencias emocionais: Un enfoque desde a psicoloxía educativa"

O pasado sábado 21 de maio de 2016, levouse a cabo a Xornada "Repensando sobre a comunicación de malas novas" no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en horario de 10.00 a 14.00 horas. 

  • Asistentes á xornada
  • Momento da xornada
  • Asistentes á xornada

O pasado 28 de maio a Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, celebrou un Foro para presentar e debatir aspectos profesionais sobre a Orientación Laboral e a estructura dos Servizos Públicos de Emprego.

  • Momento do Foro
  • Momento do Foro
  • Asistentes ao Foro

O pasado sábado 7 de maio celebrouse no salón de actos do COPG, a II Xornada de atención psicolóxica a persoas refuxiadas.

  • Momento da xornada
  • Momento da xornada
  • Relatoras da xornada

Páxinas