Galería

TEMPO DA PSICOLOXÍA  é unha iniciativa conxunta da Facultade Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e do Colexio Oficial de Psicoloxía que tenta promover a divulgación e a reflexión desta ciencia que promove o benestar e a saúde das persoas e das comunidades. 

  • Tempo da Psicoloxía
  • Tempo da Psicoloxía
  • Tempo da Psicoloxía

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou o curso “Atención Psicolóxica e Social ao/á neno/a, familia e profesionais en coidados paliativos pediátricos”, os días 22e 23 de febreiro de 2019, no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.  

  • Momento do curso
  • Momento do curso
  • Momento do curso

Os pasados días 1 e 2 de febreiro, celebrouse na Facultade de Psicoloxía, o curso "Intervención Psicolóxica na Conduta Suicida", organizado polo GIPCE.

  • Momento do curso
  • Momento do curso
  • Momento do curso

A Sección de Psicoloxía Xurídica en colaboración coa Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou o Obradoiro “Trata de seres humanos con fins de explotación sexual”, que se celebrou o día 15 de decembro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro
  • Asistentes ao obradoiro

O día 15 de decembro de 2018, celebrouse na sede colexial o “Obradoiro Mellora do benestar de persoas con demencia mediante o manexo da conduta adecuada das alteracións. Centrándonos na persoa, non na alteración” organizado pola Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. 

  • Asistentes ao obradoiro
  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro

A Comisión Intersectorial de Mediación do COPG, organizou o “II Curso de Mediación Civil e Mercantil”, que se celebrou entre o 15 de setembro e o 1 de decembro de 2018, na sede colexial.

O obxectivo xeral da actividade foi dotar de coñecementos aos asistentes para desenvolver procedementos de mediación nos ámbitos civís e mercantís.

  • Asistentes ao curso
  • Momentos do curso
  • Asistentes ao curso

O pasado 1 de decembro, na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, tivo lugar o II Encontro de Psicoloxía e Tecnoloxía “Innovación tecnolóxica e roles profesionais”, un espazo de intercambio e reflexión sobre a profesión e as novas oportunidades que achega a innovación tecnolóxica.

  • Momento do encontro
  • Momento do encontro
  • Momento do encontro

Os días 23 e 24 de novembro de 2018, celebráronse no Carballiño (Ourense), as XXIII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co título “Das vellas tecnoloxías ás tecnoloxías emerxentes: a dixitalización das contornas e das relacións”.

  • Momento das Xornadas
  • Momento das Xornadas
  • Momento das Xornadas

Páxinas