Galería

O 3 de maio de 2013 celebrouse no AC Hotel Vila de Allariz (Ourense) o encontro de todos os colexiados e colexiadas do COPG, acto no que se fixo entrega o Premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade”.

  • Achegas 2013
  • Achegas 2013
  • Achegas 2013

O 14 de outubro de 2016 celebrouse no Parador de Ribadeo a oitava edición do Achegas da Psicoloxía, no marco do cal fixemos a entrega do Premio Dolores Llópiz, Psicoloxía e Sociedade. Este ano recaeu na Rede Galega de Loita contra a Pobreza, os cales con grade amabilidade compartiron esta xornada con nós.

  • Momento da recepción do acto
  • Momento da recepción do acto
  • Momento da recepción do acto

O pasado 13 de decembro de 2016, celebrouse no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas. 

  • Asistentes á Asemblea
  • Asistentes á Asemblea
  • Momento da Asemblea

Os días 25 e 26 de novembro de 2016 celebrouse en Santiago de Compostela as IV Xornadas Nacionais de Psicoloxía do Deporte , organizadas polo Consejo General de la Psicología e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

  • Inauguración das IV Xornadas de Psicoloxía e Deporte
  • Momento das xornadas
  • Intervención

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Sociedade Galega de Neuropsicoloxía, organizaron o curso Rehabilitación Neuropsicolóxica co Programa Rehacop, que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o pasado día 5 de novembro de 2016.

  • Momento do curso
  • Momento do curso
  • Asistentes ao curso

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social organizou a "Xornada: Saúde emocional para profesionais da psicoloxía da intervención social", que tivo lugar no Hotel Hesperia Peregrino en Santiago de Compostela, o pasado día 5 de novembro de 2016.

  • Momento da xornada
  • Asistentes á xornada
  • Asistentes á xornada

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Obradoiro para profesionais da psicoloxía habilitados para a realización de probas de avaliación psicolóxica a mergulladores profesionais, que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o día 11 de novembro de 2016.

  • Relatoras do obradoiro
  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro

O Grupo de Traballo de Saúde e Benestar Ocupacional da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Foro "Intervencións psicosociais na prevención de riscos laborais: da teoría a práctica", que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o pasado día 22 de outubro de 2016.

  • Intervención no Foro
  • Intervención no Foro
  • Intervención no Foro

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou a Xornada "Intervención psicolóxica no accidente aéreo de Germanwings", que se celebrou o pasado sábado 12 de novembro e tivo lugar na aula 10 da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

  • Momento da xornada
  • Asistentes á xornada

O Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou Obradoiro "A avaliación pericial psicolóxica en supostos de violencia contra a muller nas relacións de parella: ámbito penal", que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o pasado día 29 de outubro de 2016.

  • Momento do obradoiro
  • Asistentes ao obradoiro
  • Momento do obradoiro

Páxinas