Galería

O 22 e 23 de maio celebrouse en Santiago de Compostela o Curso "Apego e Psicoterapia" organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG. O curso foi impartido por Elena Rodríguez Borrajo, directora do Gabinete de Psicoloxía Alén, a cal falou dos trastornos do apego na infancia e na idade adulta, así como da súa abordaxe psicoterapéutica.

  • Momento do curso
  • Momento do curso
  • Momento do curso

O venres 15 de maio o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolleu a presentación-faladoiro "Protocolos Magallanes de avaliación de baixo rendemento e/ou fracaso escolar en Educación Primaria e Secundaria". Foi organizada pola Sección de Psicoloxía Educativa do COPG e coa colaboración do Grupo Albor-Cohs.

  • Momento do faladoiro
  • Momento do faladoiro
  • Momento do faladoiro

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, asinaron o 12 de maio o convenio para a atención psicolóxica especializada en violencia de xénero.

  • De esquerda a dereita: María Rosa Álvarez Prada, decana do COPG; Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia; Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade.
  • De esquerda a dereita: María Rosa Álvarez Prada, decana do COPG; Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia; Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade.
  • De esquerda a dereita: María Rosa Álvarez Prada, decana do COPG; Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia; Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade.

Os días 24 e 25 de abril e 8 e 9 de maio, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Curso de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias en Santiago de Compostela.

  • Momento do curso
  • Momento do curso
  • Momento do curso

O sábado 13 de decembro tiveron lugar as Xornadas "Avaliación e defensa da base psicopatolóxica da imputabilidade". Impartidas polo doutor en psicoloxía e médico especialista en medicina legal-forense en Madrid, Enrique Esbec Rodríguez, o seu obxectivo foi dar a coñecer aos asistentes a relación entre os trastornos mentais e a delincuencia, especialmente violenta.

  • Asistentes á Xornadas xunto con Enrique Esbec (de pé á dereita)
  • Momento das xornadas
  • Enrique Esbec Rodríguez

O 2 de decembro na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia tivo lugar a entrega de premios do VII Concurso Literario do COPG "Rosa de Cen Follas".

  • De esquerda a dereita, Mª Rosa Álvarez Prada, decana do COPG, Ramón Sandoval Pérez, Raquel Couto Antelo e Hipólito Puente Carracedo, Vicedecano do COPG.
  • De esquerda a dereita, Mª Rosa Álvarez Prada, decana do COPG, Ramón Sandoval Pérez, Raquel Couto Antelo e Hipólito Puente Carracedo, Vicedecano do COPG.
  • Momento do acto

O 7 de novembro levouse a cabo na sede do COPG o Obradoiro "Intervencíon en situacións críticas no contexto educativo". Coordinado por Concepción López Martín, foi impartido por Julita Mª Touriño Araújo e Leonor Galiana Caballero, todas elas psicólogas membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG.

  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro

O 18 de outubro celebrouse na sede colexial unha xornada técnica sobre "O erro humano nas organizacións", coordinada por Carlos Montes Piñeiro, vogal da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG.

  • Momento da xornada técnica
  • De esquerda a dereita: Carlos Montes, Araceli Iglesias e Rocío Seoane
  • Momento da xornada técnica

A Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG celebrou o 20 de setembro de 2014 un curso de formación interna dirixido ás socias e sociios da Sección. Baixo o título "Avaliación forense da garda e custodia.

  • Momento do curso
  • Asistentes ao curso
  • Momento do curso

Os psicólogos e psicólogas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia foron recoñecidos coa Medalla de Ouro de Galicia que concede a Xunta de Galicia, pola súa intervención no accidente do tren Alvia o 24 de xullo de 2013.

  • Momento da entrega da Medalla de Ouro de Galicia
  • Membros do GIPCE que asistiron ao acto das Medallas de Ouro de Galicia
  • Medalla de Ouro de Galicia concedida ao COPG

Páxinas