A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións celebrou unha sesión de traballo sobre “Equipos de traballo e retos organizativos da Sección PTO”, que se levou a cabo no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o pasado sábado día 30 de xaneiro.
Galería
A Sección de Psicoloxía Educativa do COPG celebrou os pasados 22 e 23 de xaneiro o Obradoiro "Prevención, diagnóstico e intervención en dislexia" na sede do Colexio.
Foi impartido por Iria Calleja Barcia, Psicóloga habilitada para o exercicio da psico
O 16 de xaneiro, a Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG celebrou a IV Edición do Obradoiro “Elaboración de informes periciais e asistencia á vista”.
O martes 1 de decembro de 2015, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fixo entrega na súa sede de Santiago de Compostela dos premios do VIII Concurso Literario do COPG "Rosa de Cen Follas".
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa Galería de Sargadelos de Santiago de Compostela, celebrou un acto o 25 de novembro de 2015, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
O pasado 2 de novembro de 2015, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG, celebrou o Seminario III: Repensando e abrindo o foco en naufraxios e desaparicións no mar.
O 20 de xuño celebrouse a sesión presencial do Curso de formación sobre avaliación psicolóxica de mergulladores profesionais no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) na Illa de Arousa.
Este curso, organizado pola Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG, contou cun total de 25 horas, 16 horas de teleformación e 9 horas presenciais.
O sábado 13 de xuño, a Sección de Psicoloxía da Intervención Social organizou o obradoiro "Aproximación ao audiovisual como ferramenta na intervención psicolóxica" na sede do COPG. Foi impartida por Ana Seijo Cuba, Psicóloga, DEA en Psicoloxía Social; e por Sabela Pernas Soto, realizadora e docente audiovisual.
O 6 de xuño o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o Seminario II "Repensando e abrindo o foco en mortes por suicidio".
Os obxectivos do curso foron dar a coñecer as características das intervencións en mortes por suicidio e reflexionar sobre actuacións futuras.
O 30 de maio de 2015 celebrouse no Hostal dos Reis Católicos a sétima edición do Achegas da Psicoloxía, no marco do cal fixemos a entrega do Premio Dolores Llópiz, Psicoloxía e Sociedade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- seguinte ›
- última »