O 14 de decembro de 2013 tivo lugar a Conferencia “O papel da/o Psicóloga/o desde a perspectiva do xulgador: Actuación previa e no acto de xuízo” na sede do COPG. Foi coordinada por María Dolores Seijo Martínez, Presidenta da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio e impartida por Emilio Fernández de Mata, Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Galería
O 10 de decembro de 2013 tivo lugar o acto entrega dos premios do VI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”.
O pasado 15 e 16 de novembro de 2013 celebrouse no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, Ares (A Coruña), as XVIII Xornadas de Psicoloxía Clínica que organiza a Sección de Psicoloxía Clínica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG).
O pasado 12 de maio de 2012 tivo lugar no Parador de Baiona (Pontevedra), un encontro dos colexiados e colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, acto no que se fixo entrega do IV Premio "Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2012", galardón creado para distinguir á persoa, institución ou asociación que teña colaborado co COPG contribuíndo ao desenvolvemento da no
O 7 de maio de 2011 celebrouse no restaurante da Casa DOMUS na cidade da Coruña o acto Achegas da Psicoloxía 2011, un encontro ao cal estaban invitados todos os colexiados e colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, con motivo da III entrega do premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2011”.
O 6 de febreiro de 2010 tivo lugar en Santiago de Compostela o acto Achegas da Psicoloxía, un encontro de colexiados/as do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do acto de entrega do premio "Dolores LLópiz: Psicoloxía e Sociedade 2010".
O 6 de febreiro de 2009 tivo lugar en Santiago de Compostela o acto Achegas da Psicoloxía, un encontro de colexiados/as do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do acto de entrega do premio "Dolores LLópiz: Psicoloxía e Sociedade 2009".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15