O Colexio de Psicoloxía de Galicia denuncia a falta de interese na atención á saúde mental por parte do goberno galego

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) denunciamos a lamentable situación da atención psicolóxica na comunidade autónoma galega, á vez que trasladamos a nosa preocupación polo feito de que a próxima publicación do Plan Galego de Saúde Mental non poña remedio a esta realidade, tras as comparecencia do director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia este xoves 28 de novembro.

3/12/2019

Xornada “A mediación como ferramenta para a xestión dos conflitos no ámbito de asistencia psicolóxica ás persoas maiores”

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a Xornada “A mediación como ferramenta para a xestión dos conflitos no ámbito de asistencia psicolóxica ás persoas maiores”, impartida por Dona Inmaculada Armadans Tremolosa, e que se celebrará no salón de actos do COPG o sábado 21 de decembro de 2019.

28/11/2019

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Os avances en materia de igualdade e a loita contra a violencia de xénero nos últimos tempos son innegables e, como sociedade, debemos felicitarnos polo traballo realizado neste sentido, porque é moito o camiño avanzado se botamos a vista atrás. A Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero cumpre quince anos o próximo mes de decembro, é dicir, que é inferior a unha xeración.

25/11/2019

Fallo do XI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”

O pasado 15 de novembro de 2018 celebrouse a xuntanza do xurado do XI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola Decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a Coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Mª Concepción Rodríguez Pérez, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista de La Voz de Galicia Joel Gómez, para deliberar o fallo desta edición. 

Nesta ocasión os premiados son: 

Categoría de narrativa: 

Gañador:

22/11/2019

Día Mundial en Memoria das Vítimas dos Accidentes de Tráfico

”A vida non é un accesorio do vehículo”

A Psicoloxía como disciplina cuxo traballo e atención é o ser humano, NUNCA pode deixar de estar nos peores momentos que atravesa: ante a perda dun ser querido de xeito non natural.

A Psicoloxía e os seus profesionais, os psicólogos e psicólogas, do campo do Tráfico e da Seguridade, non só estamos traballando especialmente para lograr reducir ese 1,3 millóns de persoas que morren e ata 50 millóns que resultan gravemente feridas debido aos sinistros de tráfico en todo o mundo.

17/11/2019

Información de convocatoria de procesos selectivos para a Xunta de Galicia

Convocatoria de proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoria 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, co obxecto de cubrir 8 prazas en dita categoria.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria

11/11/2019

Proclamación definitiva de resultados eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG

En cumprimento do disposto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, comunícase aos membros da Sección os resultados do proceso electoral: 

Con data 24 de outubro de 2019, a Comisión Electoral procedeu á proclamación definitiva da nova Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia coa composición que de seguido se detalla: 

24/10/2019

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lembra a responsabilidade dos medios de comunicación á hora do tratamento informativo da violencia machista

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia realizamos un chamamento á responsabilidade e ás boas prácticas dos medios de comunicación, a raíz da cobertura informativa do crime machista perpetrado onte en Valga. Se ben é comprensible o interese informativo, nunca deben superarse os principios da deontoloxía profesional do xornalismo, xa que se trata dun asunto moi sensible que provoca un sufrimento inmenso nas súas persoas achegadas, que se atopan nunha situación de extrema vulnerabilidade.

17/9/2019
Subscribe to