O 15 de febreiro o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou na sede do Colexio a Xornada práctica “Repensando as intervencións”, dirixida só aos membros do GIPCE.
Galería
Desde o 1 de febreiro ata o 31 de maio celebrase o Curso “Mediación en asuntos civís e mercantís” organizado pola Comisión Intersectorial de Mediación do COPG. O curso conta cun total de 42 asistentes que obterán os coñecementos necesarios para desenvolver procedementos de mediación nos ámbitos civil e mercantil
O 14 de decembro de 2013 tivo lugar a Conferencia “O papel da/o Psicóloga/o desde a perspectiva do xulgador: Actuación previa e no acto de xuízo” na sede do COPG. Foi coordinada por María Dolores Seijo Martínez, Presidenta da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio e impartida por Emilio Fernández de Mata, Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O 10 de decembro de 2013 tivo lugar o acto entrega dos premios do VI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”.
O pasado 15 e 16 de novembro de 2013 celebrouse no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, Ares (A Coruña), as XVIII Xornadas de Psicoloxía Clínica que organiza a Sección de Psicoloxía Clínica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG).
O pasado 12 de maio de 2012 tivo lugar no Parador de Baiona (Pontevedra), un encontro dos colexiados e colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, acto no que se fixo entrega do IV Premio "Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2012", galardón creado para distinguir á persoa, institución ou asociación que teña colaborado co COPG contribuíndo ao desenvolvemento da no
O 7 de maio de 2011 celebrouse no restaurante da Casa DOMUS na cidade da Coruña o acto Achegas da Psicoloxía 2011, un encontro ao cal estaban invitados todos os colexiados e colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, con motivo da III entrega do premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2011”.
O 6 de febreiro de 2010 tivo lugar en Santiago de Compostela o acto Achegas da Psicoloxía, un encontro de colexiados/as do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do acto de entrega do premio "Dolores LLópiz: Psicoloxía e Sociedade 2010".
O 6 de febreiro de 2009 tivo lugar en Santiago de Compostela o acto Achegas da Psicoloxía, un encontro de colexiados/as do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do acto de entrega do premio "Dolores LLópiz: Psicoloxía e Sociedade 2009".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21